Os cambios ambientais (por exemplo: incremento dos episodios de tormentas extremas, suba relativa do nivel do mar…) e a presión antrópica afectan de forma crecente ás zonas costeiras. Centos de sitios arqueolóxicos do litoral europeo vense deste modo afectados por unha máis ou menos rápida destrución, acelerada pola suba relativa do nivel do mar, a erosión ou as modificacións de todo tipo que sofren as áreas litorais.
No caso do litoral galego, a erosión de todo un conxunto de monumentos prehistóricos no illote de Guidoiro Areoso (Illa de Arousa, Pontevedra) atraeu a atención non só da comunidade científica senón tamén dunha parte importante da prensa e a sociedade galega, preocupada polo coñecemento e preservación do seu patrimonio. Varios proxectos de investigación desenvolvidos recentemente noutras zonas costeiras do oeste de Galicia puxeron igualmente de manifesto o problemático da situación.
A pesar dalgúns esforzos por investigar e frear a destrución dos xacementos descubertos en Guidoiro, a situación do conxunto empeora día tras día. O mellor exemplo disto: a denominada “Mámoa 5” quedou destruída recentemente.
Esta iniciativa é unha acción promovida dende o proxecto Marie Curie-IEF eSCOPES: “Evolving spaces: coastal landscapes of the Neolithic in the European Land’s Ends” da Universidad de Durham coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), de membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico da USC e de investigadores independentes.
Acabo de escoitar a vosa intervención nos Encontros Arqueolóxicos do Barbanza.
Pareceume unha explicación clara, moi interesante e profesional.
Parabéns e grazas pola vosa contribución á conservación e difusión do noso patrimonio.
Se non atallamos o problema das enerxias consumibles e deixamos de contaminar todo o noso medio o mundo enteiro está avocado a Unha reestructuracion onde a raza humana deixara de existir e pasará a ser resto fósil coma os antiguos habitantes do planeta.
Somos a causa do calentamento global con toda las suas consecuencias.
Hola teño fotos da illa do ano 1992 non sei si serian de axuda
Perdoa Miguel Ángel, aínda que mantemos o blog, actualizámolo moi pouco e como ultimamente case non recibiamos mensaxes por aquí, non o vimos ata hoxe (máis de dous anos despois!). Somos uns desastriños! Se puideras facilitárnolas serían de interese para engadir ao noso repositorio. Nesta páxina tes indicacións para enviárnolas: https://guidoirodixital.wordpress.com/contacto/
Graciñas,