A erosión recente do Areoso

Os mariñeiros da Illa de Arousa afirman que as praias do illote son moi cambiantes, mesmo dentro dun mesmo ano, algo que é característico dos medios dunares. Unha duna é unha acumulación de area formada pola acción do vento que xeralmente non está estabilizada, senón que se mantén en movemento por mor desa acción eólica. A secuencia de fotografías aéreas do illote permite ver como foi evolucionando a duna nos últimos 30 anos.

Area_Evolucion

Evolución dos areais de Guidoiro Areoso nos últimos 30 anos

Cómpre sinalar que as fotografías son de fontes diferentes (voos non xeorreferenciados, PNOA, Googlemaps) e pode haber diferenzas en función da data do ano en que se fixo cada unha, ou mesmo o estado en que estaba a marea no momento de tomala. Así e todo, o resultado está claro: a duna norte do Guidoiro xirou cara ao leste (a dereita da imaxe) e reduciuse en lonxitude e largura. Pero a realidade é que tamén perdeu altura; José Manuel Rey, o arqueólogo que dirixiu as escavacións nos anos 90 do século XX, comentounos que a lembraba moito máis grande e case o dobre de alta.

Pero a secuencia fotográfica permite ver tamén, se nos fixamos ben, como se foron reducindo en tamaño as praias do Areoso, nun proceso de erosión mariña do que fomos testemuñas nos últimos anos. A evolución da mámoa 5 é sen dúbida o mellor exemplo. No 2007 unicamente se apreciaba a parte superior de dúas lousas aflorando na area da praia, a maior delas uns 70 cm.

1_2

A mámoa 5 en 2007, 2011 e 2013 (xa destruída). As pedras con número son as mesmas nas tres fotografías

No 2011 as lousas seguían en vertical, pero da maior xa se vían 125 cm; nese momento tamén se documentaron as restantes lousas da cámara, estas xa tiradas na area, e mais un círculo de pedras máis pequenas que rodeaba a todas elas, duns 9 m de diámetro, que se correspondía coas pedras da coiraza da mámoa. Se vos fixades ben, nas fotografías podedes distinguir como dun ano ao outro os afloramentos graníticos que a rodeaban (como os que están numerados) aparecen cada vez máis expostos. En 2013 o monumento estaba completamente destruído pola desaparición de toda a area da praia e a lousa grande estaba agora deitada no lugar. A súa lonxitude total era de 172 cm, polo que en seis anos o mar comeuse máis dun metro de altura de area, nun proceso que semella imparable.

Advertisements

2 reflexións sobre “A erosión recente do Areoso

  1. Pingback: 1946: As primeiras fotografías do Areoso? | Guidoiro Dixital

  2. Pingback: 2011-2014: a acelerada erosión da duna norte | Guidoiro Dixital

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s