Guidoiro na revista Antiquity

Desde este mes de setembro Guidoiro Areoso é un pouco máis coñecido  internacionalmente, cando menos entre a comunidade arqueolóxica. O noso  compañeiro Xosé Ignacio Vilaseco remitiu ao concurso de fotografía que  convoca anualmente a prestixiosa revista de arqueoloxía inglesa Antiquity unha das fotos que fixo en 2011 da desaparecida mámoa 5. En cada un dos  catro volumes que publica a revista ao longo do ano recóllense dúas  fotografías, un total de oito entre as que o xurado acabará escollendo a  gañadora anual a comezos de 2015. E a fotografía foi  seleccionada e publicada no volume 341 (setembro 2014). antiquity2Xunto á fotografía aparece un pequeno texto de presentación de illote e unha breve descrición da mámoa. Aquí vos deixamos  unha imaxe da revista aberta pola páxina na que se publica a imaxe, pero tamén podedes ver neste enlace o editorial do número, no que podedes ver como saíu impresa  (segunda páxina, numerada como 710). Para nós xa é todo un premio que a  fotografía fose escolleita, para darmos a coñecer mellor o illote e os xacementos que contén.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s