1946: As primeiras fotografías do Areoso?

Na recompilación de fotografías que estamos a realizar polo de agora non recibimos ningunha anterior á época en que José Manuel Rey realizou a súa intervención arqueolóxica no illote (1988-1990). Así e todo, a semana pasada tivemos coñecemento das que se cadra poden ser as fotografías máis antigas do Areoso xa que o Centro Nacional de Información Geográfica incorporou á súa Fototeca Digital o voo fotogramétrico que realizou entre 1945-1946 o Army Map Service de EE.UU.Foto1946

As primeiras campañas de fotografía aérea que se desenvolveron en España ocorreron entre 1929-1930, pero afectaron unicamente á cunca do río Segura. Para que se cubrise o país de forma completa houbo que esperar a que o fixese o exército estadounidense. Entre os investigadores é moi coñecido o denominado voo americano, realizado entre 1956 e 1957, xa que ofrece unha visión de como era o territorio a mediados do século XX. O que moitos descoñeciamos era que esta en realidade esta era unha “Serie B” e que existía unha “Serie A” algo máis de 10 anos anterior (máis información sobre esta serie neste enlace).

O que ofrece agora a Fototeca Digital é a posibilidade de visualizar e descargar (en formato pdf) fragmentos destas fotografías tan antigas, algo que xa fixera anteriormente con outros voos (o americano de 1956-57 e varios dos anos 70 e 80). Entre elas, varios fotogramas recollen o estado en que estaba o illote do Areoso a mediados dos anos 40 do século XX. Neles podemos ver como a súa metade sur apenas sufriu modificacións, mentres que a norte, na que se sitúa a duna activa, é moito máis pequena en extensión pero máis ancha.fotos aereas antigas

As fotografías non están xeorreferenciadas, polo que non é doado incorporalas á montaxe da evolución do illote que vos presentamos hai un tempo. Así e todo, si podemos facer unha mínima comparación con outras imaxes aéreas. Aquí tendes a evolución do illote desde 1946 ata a actualidade, con dúas imaxes intermedias de 1957 e 1984. Podedes apreciar que a duna foise estendendo e alongando en dirección norte (enriba), para posteriormente facerse máis estreita e rotar cara ao leste (dereita). Uns cambios moi pronunciados pero que son habituais nos espazos dunares.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s