2011-2014: a acelerada erosión da duna norte

Como xa vos anunciamos aquí mesmo, o pasado setembro fixemos a nosa última visita de monitorización ao Areoso. Ao longo dese día desenvolvemos diferentes tarefas, ademais de realizar as fotografías do estado dos monumentos para comparalas coas de primavera e setembro de 2013. Unha delas foi a de tomar imaxes xerais do illote para poder comparalas con outras similares que tomaramos noutros anos e avaliar así, de xeito visual, a erosión que sufriron a duna e mais as praias.

areais 2007-2014

En xeral o que podemos apreciar é a desaparición de boa parte da area das praias por todo o perímetro do illote, que agora presentan unha grande pendente. O terreo, porén, semella relativamente estabilizado, aínda que si que sufriu perdas. A imaxe de enriba é dun penedo situado uns metros ao norte da mámoa 4 (a cortada polo perfil), no cantil contra o mar. A frecha sinálavos a greta da rocha que permite identificalo sen dúbida ningunha. Podedes ver como en sete anos o terreo non perdeu moito, aínda que é evidente que o mar está a erosionalo xa que o afloramento está máis exposto. Pero se vos fixades na parte inferior da fotografía podedes aprecias que a mudanza é moito maior xa que a praia desapareceu case por completo e agora unicamente queda unha morea de seixos.

Para avaliar a erosión que está a sufrir a duna norte tomamos como referencia as fotografías de 2011, xa que en 2007, cando un de nós visitou o Guidoiro, apenas tomou vistas xerais e as poucas que fixo non teñen elementos significativos (como penedos) que permitan comparar a evolución ocorrida nestes sete anos. Aínda que difícil de cuantificar, xa sabiamos que a duna se estaba a reducir polo lado oeste (a que dá ao interior da Ría de Arousa) xa que todos os veráns a Xunta de Galicia ten que repoñer o valo que a protexe, que aparece parcialmente tirado logo de que os temporais do inverno erosionen a area.

Areais 2011-2014

A comparación destas dúas fotografías é máis que significativa. O primeiro que chama a atención é a desaparición de boa parte da area da praia, algo do que xa vos falamos noutra entrada e que foi a causa da destrución da mámoa 5. De aí que na imaxe inferior se aprecien moitas máis rochas. Pero se reparades na esquerda da imaxe podedes ver como na fotografía de 2011 a duna descendía suavemente ata o penedo que estaba a aflorar entre a area. Tres anos despois este está moito máis exposto, desapareceu boa parte do areal e a duna presenta un perfil case vertical moi afastado do penedo. As imaxes non nos permiten cuantificar o proceso pero si dan unha idea da rapidez coa que semella erosionarse a duna.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s