E para que queremos as fotografías? 1. A fotogrametría

A existencia de técnicas que permiten obter as dimensións, forma e posición dos obxectos no espazo a través das medidas realizadas a partir da intersección de varias fotografías non é algo recente e existe moito tempo antes da aparición dos ordenadores. De feito, desde mediados do século XX a cartografía axudábase frecuentemente de fotografías aéreas deste tipo. Ademais, tamén existía unha fotogrametría terrestre que permitía documentar elementos máis pequenos. Pero tratábase dunha técnica moi cara, porque precisaba empregar cámaras calibradas que non estaban ao alcance de calquera.

A informática substituíu en principio a imaxe analóxica pola dixital, facilitando o proceso de toma de fotografías. Pero ademais, en anos recentes apareceu diverso software que permite procesar fotografías tomadas con calquera cámara, sen que sexa preciso calibrala, o que permitiu abaratar tremendamente a técnica e poñela practicamente ao alcance de calquera. Son programas comerciais como Agisoft PhotoScan ou Photomodeler Scanner, pero tamén os hai gratuítos, na nube, como 123d Catch ou ARC3D.

O proceso para obter un modelo 3D é relativamente sinxelo. En primeiro lugar, cómpre analizar a escena que se quere documentar e planificar como quitar as fotografías. As imaxes deben ter unha mínima calidade, un solape suficiente entre elas e deben obterse movéndose polo obxecto de forma secuencial. Os programas comerciais permiten ademais crear e imprimir unha serie de “dianas” que se poden colocar sobre o obxecto para axilizar o procesado das fotografías: cada diana ten unha forma única que o propio software identifica sobre a fotografía e automatiza o proceso de solapado entre elas.

Fotogrametría_1_recentes4

Toma de fotografías nunha das cistas do Areoso (esquerda) e na mámoa 3 (dereita). No segundo caso empregáronse dianas (folios en branco con puntos negros)

 

Unha vez tomadas as fotografías, procésanse co software, que busca os puntos de solape e crea o modelo 3D. Se todo o proceso é correcto, non só teremos unha imaxe tridimensional do obxecto que poderemos mover libremente en todas as direccións; ademais, a partir do modelo poderemos medir o obxecto ou partes del e mesmo trazar deseños e planos con fiabilidade máxima en canto ás súas dimensións.

Fotogrametría_1_recentes1

Enriba. á esquerda, imaxe da mámoa 4 na que se recolle a posición desde a que se tomaron as fotografías na sesión de setembro de 2013 (rectángulos azuis). Nas outras tres, diversas perspectivas da reconstrución 3D que obtivemos.

Como comprenderedes, o desenvolvemento desta fotogrametría cada vez máis sinxela de aplicar, máis automatizada e accesible a calquera persoa que teña unha cámara dixital e o software para tratar as imaxes está a ter un gran impacto no campo do patrimonio cultural, e dentro del, do traballo arqueolóxico: numerosos proxectos están a empregar a fotogrametría como base para documentar e representar obxectos, xacementos ou edificios de forma rápida e moito máis precisa que o tradicional debuxo a man alzada.

Advertisements

Unha reflexión sobre “E para que queremos as fotografías? 1. A fotogrametría

  1. Pode dicir en poucas palabras fotogrametría é unha técnica que crea modelos 3D a partir de imaxes 2D, obtendo así as características xeométricas necesarias dos obxectos que representan, tornándose tamén unha ferramenta indispensable para o mapeamento topográfico de todos os países mundo, é notable que pode ser dividido en fotogrametría terrestre: son imaxes tomadas de apoio en terra, ou, alternativamente, pode aerofotogrametria: son imaxes capturadas por vehículos aéreos non tripulados (drones).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s