Os búnkers da Duna de Pilat

O movemento das dunas, os cambios que producen na paisaxe e mesmo a forza que pode acadar a area en movemento son cousas case incríbeis para os que non estamos afeitos a vivir nas súas proximidades. Porque o movemento da duna do Areoso é algo habitual neste tipo de formacións, o que pode poñer en perigo construcións próximas. Os que nos seguides no Facebook xa coñecedes a historia do faro de Rubjerg Knude, en Dinamarca, que en só 100 anos desde que fora construído foi devorado pola area e que se espera caia derrubado, como moi tarde, cara ao 2023 (para os que non o coñecedes, tendes o aquí un enlace á súa historia).

Arcachon_Faro

Outro caso moi coñecido é o da gran Duna de Pilat, tamén chamada de Pyla. Sitúase ao suroeste de Francia, no litoral aquitano, á entrada da baía de Arcachón. Ocupa 2,7 km de costa lineal e case 500 m de largo. Segundo os estudos realizados, avanza inexorablemente entre 3 e 4 m anuais cara ao interior, invadindo o bosque do Parque Natural das Landas de Gascuña. O cume da duna só tiña 35 m de altura a medidos do século XIX, mentres que na actualidade supera os 100, que a converten nunha das dunas máis altas de Europa.

Arcachon_DunePyla

Durante a ocupación de Francia na Segunda Guerra Mundial, o exército alemán construíu o denominado Muro do Atlántico, unha cadea de estruturas defensivas para impedir unha invasión aliada do continente europeo desde Gran Bretaña. Como parte deste entramado levantaron uns 50 búnkers ao longo da Duna de Pilat. Menos de 50 anos despois a maioría xa desaparecera, vítimas da erosión natural da duna. Como estaban pousados directamente sobre a area, fóronse deslizando cara ao océano a medida que a duna foi recuando, movemento que, nalgúns puntos, chegou a ser de máis de 100 m. É por iso que case todos están actualmente desprazados do seu lugar orixinal, inclinados, e mesmo algúns a máis de 20 metros de profundidade!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s