Modelos dixitais (1). Cerámica decorada

Estamos empezando a traballar cos modelos dixitais que podemos extraer a partir das fotografías que nos fostes mandando. Algún están xa iniciados, pero novos envíos permítennos reconstruír zonas de sombra, de modo que vamos a seguir afinándoos.

Para que teñades unha idea do que pretendemos facer, aquí vos deixamos un enlace ao modelo dixital dun fragmento dunha cazola de cerámica decorada que recuperamos no illote nunha das nosas visitas ao longo do ano 2014:

Fragmento-Guidoiro

A decoración mestura o que os arqueólogos denominan boquique (punzadas que se alongan para facer unha raia, na parte de embaixo) e a excisión (extraer parte da masa da cerámica para deixar outras partes en relevo, enriba). Esta combinación é característica da tradición cultural Cogotas I, da Idade do Bronce Medio na meseta española, pero é a primeira do tipo que se coñece en Galicia, de modo que novamente nisto Guidoiro Areoso se amosa completamente excepcional. Así o facemos ver nun artigo que preparamos xunto a outros investigadores e que pronto sairá á luz nunha revista científica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s