Guidoiro Areoso nos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

A Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega inaugura o próximo venres 27.11.2015 un novo tipo de actividades, os denominados Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural. Cunha periodicidade que pretende ser mensual, a intención é, parafraseando o seu texto, xerar debate e difundir entre a cidadanía procesos relacionados co patrimonio cultural que se estean a desenvolver en Galicia e que poidan ser de interese xeral polo seu alcance, resultados, singularidade, repercusión pública ou entidade patrimonial dos elementos sobre os que se focalice.

E o primeiro destes encontros vaise centrar, precisamente, sobre o Guidoiro Areoso, tanto pola problemática que presenta a súa conservación como pola realización, nos últimos anos, de varias intervencións patrimoniais sobre o illote, pero atendendo tamén á propia vivencia da cidadanía e ás experiencias dos xestores culturais. E na sesión interviremos algúns dos que formamos parte de Guidoiro Dixital, para explicar tanto os obxectivos como algún dos resultados deste ou doutros proxectos nos que andamos enleados. Se queredes ver o programa tédelo neste enlace. En principio cómpre apuntarse, aínda que só aos efectos de asegurar que non se supere o aforo da sala. Pero se non podedes desprazarvos ata Santiago de Compostela para velo, e estades interesalo en seguilo, pensade que é posible que se retransmita en streaming, tal e como é frecuente nas actividades que organiza o Consello.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s