Por que ten interese a escavación da mámoa 4 do Areoso?

Existen múltiples argumentos que fan necesaria e outorgan o maior interese á escavación da mámoa 4.

Por un alado, están as razóns de conservación. Aínda que a erosión da mámoa se paralizou un pouco desde setembro de 2011, ano en que o Servizo Provincial de Costas de Pontevedra do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente construíu o muro que protexe o monumento, esta solución non é para nada definitiva e seguramente teña

1-comparación

Comparación da cámara entre 2011 e 2016. Aprécianse moito máis expostas tanto a lousa de cuberta como a do extremo esquerdo (enriba, apenas perceptible).

unha duración limitada. De feito, o mar segue a devorar o monumento polos laterais, onde non hai muro protector. Así, na primavera de 2014 o mar erosionara a base da duna nunha das esquinas do muro, provocando unha nova entrada de auga no espazo da cámara, que se baleirou de terra un pouco máis. Con esta acción tamén deixou á vista un cuncheiro (vertedoiro de cunchas, ósos e cerámicas prehistóricas) aparentemente pousado sobre a coiraza da mámoa. Ademais, a presenza do dolmen no cantil da duna provoca a inestabilidade desta última, de xeito que pouco a pouco se vai degradando. Así, tanto a lousa de cuberta como a que se acaroa á entrada están máis expostas logo dos case cinco anos transcorridos. De non se escavar, co paso do tempo o mar irá devorando a duna polos laterais do muro de protección ata facer desaparecer por completo a mámoa. Mesmo é posible que tamén acabe por erosionar a base do terreo no que está asentado o muro ata facelo caer. Mentres, a duna irá perdendo area pola inestabilidade que causa a presenza do dolmen.

 

 

Pero ademais de urxente para documentarmos o monumento antes de que desapareza, a escavación presenta un interese excepcional desde o punto de vista da investigación arqueolóxica, tendo en conta o que xa sabemos del, do contexto en que se atopa e os nosos coñecementos previos sobre os monumentos megalíticos do noroeste peninsular (Galicia, norte de Portugal e Asturias). Algúns dos argumentos, para os que tamén foron fundamentais as fotografías que fomos recompilando a través deste blog, serían estes:

  1. Aparentemente o dolmen está intacto desde que foi empregado como tumba hai máis de 4.000 anos de non ser porque o peso da duna que se lle sobrepón fixo que a lousa de cuberta caera cara ao interior. Infelizmente, no inverno 2010-2011 o mar baleirou parcialmente o interior, case a metade, de modo que xa só nos queda parte do enterramento central. No Noroeste peninsular practicamente todas as mámoas se atopan saqueadas de antigo, ben na busca dos tesou
    2_interior cámara

    Imaxe do interior da cámara, parcialmente baleira

    ros que a tradición popular lles fai albergar, ben para reutilizar as lousas de pedra que formaban os seus sepulcros centrais. A presenza de cámaras intactas nas mámoas do continente é algo excepcional e polo de agora os casos que se coñecen poden contarse cos dedos dunha man. O máis recente, e máis espectacular, é o caso de Chousa Nova 1 (Silleda, Pontevedra), onde a sepultura se salvou do saqueo porque estaba lixeiramente desprazada do centro (aquí tendes dous enlaces a artigos sobre ela, por se estades interesados: 1 e 2).

  1. A cámara presenta unha forma da que non se coñecen paralelos en Galicia, e moi poucos no resto do Noroeste, de modo que resulta do maior interese coñecer tanto a súa cronoloxía como o xeito en que foi empregada.
  2. A acidez dos solos do Noroeste provoca a desaparición completa de restos orgánicos nos xacementos arqueolóxicos tan antigos, de aí que son escasísimos os casos en que se localizaron restos óseos das persoas que se sepultaron nos dolmens. Esta situación muda por completo en ambientes dunares, que favorecen a conservación dos ósos, como foi o caso da Mámoa de Chafé (Viana do Castelo, Portugal), onde se recuperaron fragmentos de cranios. Así, é posible que no caso da mámoa 4 do Areoso se poidan localizar, que saibamos por primeira vez en Galicia, restos humanos.
  3. Nos monumentos megalíticos do noroeste é habitual atopar restos de pintura cubrindo o interior das lousas que forman o sepulcro. O caso máis coñecido no noso territorio é o de Dombate, onde segundo as noticias de prensa o mes pasado tamén localizaron restos de pigmentos no exterior dunha das lousas, algo que se fose xeneralizado cambiaría bastante a nosa concepción destas tumbas. Todos o
    4-cámaras

    Planta dun dolmen de corredor (esquerda) e mais dunha cámara similar á que semella ter a mámoa 4 do Areoso (dereita)

    s casos publicados en Galicia son dolmens de corredor, un tipo de monumento diferente ao que aparentemente temos na mámoa 4, de modo que non é seguro que poidamos localizar pintura nela. Pero hai que ter en conta que os dolmens de corredor son os monumentos máis grandes e que se conservaron mellor ata os nosos días, así que tampouco podemos descartalo de todo, tendo en conta o magnífico estado que presenta a cámara do Areoso. De ser así, teriamos aberta unha nova liña de interpretación sobre o megalitismo galego.

  1. Non só interesa coñecer o enterramento central. Tamén cómpre documentar como era a arquitectura do túmulo de terra que o rodea, tanto na forma, composición e forma de uso. Neste caso semella ter unha capa de pedras recubríndoo, que os arqueólogos denominamos coiraza. Ademais, os túmulos adoitaban estar xa erixidos, rodeando a cámara, mentres esta se estaba a empregar como sepultura; e como o dolmen se sitúa en posición central, construíase unha zona de paso a través daquel para permitir realizar os diversos enterramentos. Neses accesos é frecuente localizar abundante material arqueolóxico. En ocasións estes accesos aparecen clausurados, como forma de selar definitivamente a tumba. Ademais, ás veces realízanse deposicións de materiais sobre ou no interior do túmulo, ao xeito de ofrendas. Baixo o túmulo poden quedar pegadas de ocupacións e actividades humanas anteriores á súa construción, así que cómpre escavar por baixo del para tentar identificarmos estas actividades.
  2. Tamén cómpre escavar o espazo que rodea o túmulo, ao exterior del, xa que ao seu redor seguramente se practicaban diferentes actividades relacionadas coa tumba que cómpre documentar para entendermos mellor como funcionaba. En anos recentes están a aparecer nestes contextos estruturas moi variadas (foxas, lareiras, gabias), que ás veces se relacionan coa mámoa e outras semellan responder a poboados situados nas súas proximidades, varios séculos despois de construída. Pero no continente adoitan estar moi alteradas, froito de máis de 4.000 anos de transformación do terreo pola vexetación, a actividade humana e o cultivo. No caso do Areoso, porén, calculamos (aínda que á algo ao que contribuirá a definir mellor a propia escavación, como logo veremos) que é posible que o conxunto se atope sepultado baixo a area desde hai máis de 3.000 anos, de modo que este tipo de ocupacións poden estar moi ben conservadas, como indica o propio cuncheiro que hai ao seu carón.
  3. A presenza do cuncheiro pousado, polo que parece, directamente sobre a coiraza da mámoa nos pode achegar ao coñecemento dos rituais e celebracións que se farían no contorno dos monumentos megalíticos, que no continente descoñecemos pola desaparición dos restos orgánicos. Aínda que tamén poderí
    5_cuncheiro

    O cuncheiro no ano 2014 (á dereita, o muro de protección da mámoa)

    a ser froito dunha actividade moi posterior á tumba, feita ao seu carón cando xa estaba clausurada. Trátase dun potente depósito duns 50 cm de potencia formado fundamentalmente por cunchas de ostra e lapa, xunto con espiñas de peixes e ourizos de mar, ósos de animais e cerámicas prehistóricas. É o segundo cuncheiro coñecido ata o momento en Galicia para épocas anteriores á Idade do Ferro (o outro foi localizado tamén no Areoso) e o de maiores dimensións.

  4. Coa escavación imos obter un perfil completo da duna sobre o monumento megalítico e o terreo do seu contorno, unha oportunidade única para que os xeógrafos e edafólogos poidan estudar como e cando se formou, e así podermos definir mellor en que momento o illote empezou a converterse no que é hoxe, un paraíso natural lonxe da pegada intensa do ser humano.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s