Comezou a intervención arqueolóxica da “Mámoa 4”!

Este luns deu comezo a nova campaña arqueolóxica de Areoso 2017. A escavación céntrase na Mámoa 4, un túmulo megalítico que compre escavar canto antes porque está a ser destruído pola erosión mariña e, ademais, ten un gran interese dende o punto de vista da investigación do fenómeno prehistórico e dos cambios ambientais que sufriu o illote dende a súa construción. Interese da Mámoa 4

Esta primeira semana estase adicando a limpeza do monumento e a retirada da duna que está sobre ela. Agora mesmo, estase levando a cabo a limpeza dos perfís da cara Norte e Oeste, que son resultado da erosión mariña que fixo desaparecer xa case a metade do monumento. O mesmo tempo estase identificando a estratigrafía xeral do xacemento, isto é, describindo e clasificando as diversas capas da máoa e que a recubren para establecer unha correlación entre elas. Ademais están a tomarse unha serie de mostras para o seu posterior análise coa fin de axudarnos a comprender como evolucionou este xacemento.

A idea é escavar todo o xacemento. Na arqueoloxía en xeral, e en restos tan delicados coma a mámoa que estamos a intervir en especial, hai que ser moi cuidadosos no procedemento. Deste xeito vanse retirando as sucesivas unidades estatigráficas pouco a pouco dende a mais nova (a mais superficial, a duna) ,ata a mais antiga (a que se atopa a maior profundidade), sen mezclar duas capas, sempre por orde e con coidado, rexistrando a información con detalle.

IMG_793412

Como xa sabedes se nos seguides, Guidoiro Dixital, temos varias ideas de partida sobre como puido ser a vida de este monumento, dende a súa construción no Neolítico ata a actualidade. Coa axuda de diversos especialistas de diferentes ámbitos, esperamos ir aportando detalles e luz sobre todas estas cuestións e moitas máis que sairán a medida que avancemos na intervención.

Todos os progresos e achados relacionados con esta intervención arqueolóxica poden seguirse tamén na conta de Facebook, Areoso Arqueoloxía, na conta de Instagram Areoso Arqueoloxía 2017 ,e na canle de Youtube Areoso Arqueoloxía 2017

Animámosvos a seguir todas as novidades a través das diversas plataformas ademáis de a través deste Blogue Oficial.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s