1º Semana escavando a Mámoa 4: area, mais area… e basura

Nesta primeira semana de traballo levamos movido a man moito material, area e máis area, que tapa a mámoa 4,  a que nos interesa rescatar e estudar en detalle. Pero toda esta area tamén ten moito interese e importancia, tanto porque nos axuda a explicar como cambiou o ambiente no Areoso nos últimos centos de anos, e incluso miles de anos, como tamén porque aquí temos as pistas do que lle puido pasar a este xacemento tras o seu abandono na prehistoria… Cando se empezou a formar a duna? Cando comezou Areoso a ter area e o mar a estar tan cerca destes monumentos? Foi afectado o xacemento no pasado por un ou por varios procesos erosivos coma o actual?

IMG_90233

Traballamos con varios especialistas en medioambiente que nos axudan a entender mellor o sitio e a súa evolución. Ramón Blanco Chao e Manuela Costa  son parte dun equipo de xeomorfólogos e edafólogos da Universidade de Santiago de Compostela, especialistas en dinámicas costeiras que están a estudar a evolución ambiental do illote nos últimos milenios, como xa falamos nun post anterior  Estudando os paleosolos do Areoso. Viñeron ata a escavación para analizar con nós a estratigrafía do sitio e recoller toda unha serie de mostras que nos axudarán a explicar a vida e o contorno deste xacemento. Polo que xa temos visto e analizado, cando se construiu, a Mámoa 4 estaría nun ambiente o suficientemente alonxado da costa como para que non chegara a area ata ela, e, tras un longo proceso de varios milenios, fai uns poucos anos esta mámoa comezou a aparecer debaixo das dunas, o mar chega ata os seus pés. Eles nos explicaron como, ás veces, as dunas crecen moi rápidamente e a sucesión de capas que víamos nos perfiles nos estaban a indicar a evolución da formación do illote e do ambiente costeiro de Areoso. Esa evolución é moi difícil de datar, de determinar canto tempo estivo a area acumulándose ata crear eses paquetes dourados que podemos ver nos perfís. Nun determinado momento, o ambiente cambiaba o suficiente como para que puidera crecer vexetación enriba, como a que agora se ve na superficie do illote. IMG_816807 (3)Cando queda tapado pola seguinte duna, deixa unha banda oscura, máis espesa se esta fase durou máis tempo e logo non se erosionou. Pero este proceso volve a comezar, rompendo a forma da duna previa, ás veces arransándoa e outras simplemente tapándoa e acumulando outra vez area enriba. Deste xeito acaba creándose unha especie de tarta de capas coas historias das sucesivas dunas sobre a Mámoa 4 que puidéchedes ver na imaxe 360 que colgamos a semana pasada no perfil do Facebook da escavación “Areoso Arqueoloxía”.

Na retirada destas capas levamos unha desagradable sorpresa que fala da nosa sociedade: recollimos varias bolsas de lixo da área de escavación, plásticos de todo tipo e mais botellas de cristal.IMG_8625

Unha cantidade de desfeitos que fainos pensar que para os arqueólogos do futuro, se nos nomearan pola nosa pegada máis chamativa, seremos a idade do plástico. É abraiante como, nun paraíso como este, podese recoller tanto lixo enterrado nunha área tan pequena, por non falar da cantidade de lixo que se atopa camiñando polo resto do illote. Pero os arqueólogos e os xeomorfólogos buscamos oportunidade incluso dos desastres coma este. Temos seleccionado parte destes plásticos, nos que aínda se ve información relevante, como a data de caducidade, para ter unha pista de cando se estivo formando cada paquete de duna.20258157_1822484527778517_2893431093879284574_n Na capa máis superficial, na secuencia de duna máis recente e a inmediatamente anterior, que nalgún punto chega a ter 1 metro de espesor, atopamos unha grande cantidade de plásticos e botellas de vidro… Algúns dos máis antigos datan dos anos 80. Pero a máis profundidade, na duna previa ás anteriores, atopamos tamén algunha bolsa de plástico, xa a metro e medio de profundidade, aínda que esta non é fácil de identificar o ano de fabricación…  Cando empezaron as dunas do Areoso a ter a altura na que están agora?

Aínda nos queda seguir buscando pistas nesta sucesión de dunas, e nesta semana esperamos chegar ata a capa máis antiga de esta duna, cando o mar se aproximou ata a mámoa 4…

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s