Os barcos de Skuldelev e o Museo dos barcos viquingos de Roskilde

Cara ao ano 1060 os viquingos daneses afundiron intencionalmente tres barcos enchéndoos de pedras, logo de quitarlles todos os seu aparellos. Foi preto do lugar de Skuldelev e con eles pretendían construír unha barreira para bloquear unha das canles navegables do fiorde de Roskilde. Así, dificultaban o acceso por vía marítima aos exércitos inimigos cara a esta cidade, daquela a capital do país. A protección ampliouse uns 20 anos despois, cando afundiron dous barcos máis, ao tempo que completaban a barreira con postes. E alí permaneceron afundidos ata que no século XX empezaron a recuperarse fragmentos de madeira pertencentes a un barco antigo.

01_escavación

Imaxe aérea do proceso de escavación dos barcos de Skuldelev que se pode ver na exposición do Museo dos barcos viquingos

Uns traballos arqueolóxicos subacuáticos feitos entre os anos 1957 e 1959 permitiron deixar claro que no lugar non había un senón varios barcos, o que levou a escavar o sitio durante catro meses no ano 1962. Para isto construíuse un cofre metálico ao seu redor que permitiu bombear a auga fóra e realizar a escavación en seco. O obxectivo, desde o primeiro momento, foi recuperalos para exhibilos nun museo construído ex profeso no peirao de Roskilde, o Museo dos Barcos Viquingos. Pero o proceso de tratamento, conservación, estudo e reconstrución dos restos que se recuperaron foi moi lento: o museo abriu as súas portas en 1969 cando se acabou o proceso de conservación e montaxe do primeiro dos barcos; os restantes foron reconstruídos e montados en vivo á vista do público ao longo dos seguintes anos, un proceso que non remataría ata 1993.02_barcosA información que nos aportaron estes barcos sobre as técnicas de construción naval na época viquinga tardía é impresionante. En primeiro lugar, representan unha variada tipoloxía de embarcacións xa que dous son buques de guerra, outros dous naves de transporte e o quinto un barco de pesca que posteriormente foi reformado para convertelo en nave de carga. Ademais, os seus tamaños varían entre os 11 e os 30 m de longo. E como todos están feitos de táboas de madeira, nelas é moi doado tanto interpretar a que especie arbórea pertencía o tronco do que se extraeron, como reconstruír os seus aneis de crecemento anual, que permiten, a través da dendrocronoloxía, datar a árbore. Con todo isto sabemos que os barcos foron construídos ente os anos 1030 e 1040. Dous deles foron feitos en Noruega e outros dous en Dinamarca. O quinto, un gran barco de guerra de 30 m de longo que podía albergar ata 70 tripulantes, foi construído nas proximidades de Dublín cara ao ano 1042.

03_detalles

Detalles de dous dos barcos de Skuldelev

 

O seu excepcional estado de conservación permite estudar como se cortaban e empregaban os distintos troncos de árbores para construír cada unha das partes dos barcos, a forma en que se traballaba a madeira e se extraían as diferentes táboas e mesmo detalles estruturais, como os espazos para os remos, os lugares para colgar os escudos ou mesmo algunha decoración tallada. Dous están feitos cunha soa especie de madeira (carballo) mentres que nos outros se mesturaron diferentes especies (ademais do carballo, aparecen o piñeiro, o tileiro, o freixo, o bidueiro e o ameneiro). En tres documéntanse reparacións ao longo da súa vida, mesmo poucos anos antes de seren afundidos. Ata sabemos que un deles foi construído reutilizando en parte madeira vella reciclada doutros barcos.sdrPero o museo viquingo non é só un espazo para albergar os restos dos barcos e coñecer a súa historia. Ao seu redor creouse todo un centro de arqueoloxía experimental que traballou na reconstrución de réplicas dos cinco barcos empregando os mesmos materiais e técnicas existentes en época viquinga. Para isto instalaron un estaleiro, que inclúe unha forxa para fabricar as ferramentas tal e como se facían na época e zonas para a confección de cordas e velas. Deste xeito, entre 1982 e 2004 conseguiron reconstruír réplicas a tamaño real dos cinco barcos, que se instalaron no peirao do museo de xeito que os visitantes poden chegar a navegar neles. A forma do casco fíxose a partir dos restos conservados mentres que as partes que se perderon se reconstruíron a partir doutros achados de barcos viquingos, imaxes de embarcacións da época e as formas de construción naval tradicionais nórdicas. Evidentemente, as reconstrucións non son verdades absolutas: suxiren como puideron ser barcos de hai 1.000 anos, pero con cada novo barco que fan e navegan aprenden novas cousas sobre os barcos da sociedade viquinga. O estaleiro hoxe en día segue en funcionamento e alí continúan a reproducir e probar barcos de todas as épocas.05_BarcosIronicamente, ao museo non lle queda moito tempo de vida tal e como o podemos ver hoxe: a decisión de construílo directamente sobre as augas do fiorde nos anos 60 do século XX supón que hoxe en día o edificio está en risco por mor do aumento do nivel do mar, como demostrou unha tormenta no ano 2013, que, aínda que non danou os barcos, provocou estragos por valor de máis de 1,5 millóns de euros (11,5 millóns de coroas). Nesta páxina podedes ver varias imaxes daquel día. Así, aínda que o edificio estaba protexido polo Ministerio de Cultura danés, quitóuselle a protección para poder traballar nunha nova solución que permita albergar de forma segura no futuro os cinco barcos viquingos de Skuldelev.06_museo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s