O dolmen de Castelao

Hoxe cúmprense 100 anos da publicación desta portada da revista Nós, un referente cultural no primeiro terzo do século XX en Galicia.

As capas dos primeiros números da revista tiñan unha viñeta central, debuxada por Castelao, sobre fondo branco. E no número 7 apareceu este trlito ou megálito, que acabaría por se converter en icónico, por moito que sexa pouco realista e non se pareza en nada a un dolmen galego.

En realidade o deseño xa era anterior, e empregárase algunha vez en páxinas interiores para acompañar algún artigo.

Artigo de Vicente Risco na revista Nós, nº 4, 31.01.1921, p. 16

A partir de 1922 a portada incorpora unha composición sobrecargada, tamén de Castelao, que desde 1926 sofre un pequeno cambio na que se substitúe unha árbore para volver incorporar outro trilito diante do amencer, modelo que seguirá a empregarse ata a fin da revista impreso en cores diferentes.

Esta forma de representar un dolmen coma trilito de Castelao volveuse case en icónica na época, por moito que estivese completamente afastada dos exemplares reais galegos. De feito, tamén a empregaría Camilo Díaz Baliño no deseño da portada que a editorial Lar, activa entre 1924 e 1928, utilizou na maior parte das novelas que publicou.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s