A erosión

Nos últimos anos o illote sufriu un importante proceso de alteración das superficies areosas, como corresponde ao seu ambiente dunar. A duna norte reduciuse considerablemente en altura e extensión, mentres que nas praias desapareceu case un metro de area só nos últimos seis anos.

guidoiro 1984-2008

Guidoiro Areoso. Evolución e movemento da duna ao longo do tempo

Como consecuencia desta situación, outros xacementos arqueolóxicos saíron á luz. Agora coñecemos un total de cinco estruturas megalíticas, e abundante material arqueolóxico do neolítico final e de comezos da Idade do Bronce se esparexe pola zona intermareal. A acción do mar, inexorable, está a afectar a estes xacementos alterándoos e facéndoos desaparecer paseniñamente.

Erosion_duna_Guidoiro_texto

Guidoiro Areoso. Erosión da duna xunto da mámoa 4 e presenza dun concheiro na súa base.

get-badge-orgFacebookgoogle+

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s