Escavada por José Manuel Rey García, ten un túmulo de só 5,80 m de diámetro, moi baixo en altura, recuberto por unha capa de pedras pequenas (coiraza). Aproximadamente no centro sitúase unha cámara funeraria de planta poligonal, de 1,10 m de ancho. Seguramente estaba formada por seis lousas, das que só tres, de granito, permanecen na súa posición orixinal. A erosión do mar fixo desaparecer case a metade do túmulo, e iso a pesar de que hoxe en día está un pouco apartado da zona intermareal. No seu interior non se atoparon achados de interese.
Pingback: VISITA AO ILLOTE AREOSO (II) | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo)