Mámoa 4

Este monumento xa foi documentado por J. M. Rey nos seus traballos na illa, pero non chegou a escavalo. Daquela conservábase case enteiro e puido documentar parte da coiraza de pedras que o recubría. Na actualidade o mar devorou case a metade do túmulo e pode apreciarse, no perfil norte da illa, un corte case perfecto da súa estrutura.

Mámoa_4

A mámoa 4 coa cámara e a coiraza do túmulo e a duna sobre elas.

Presenta unha cámara funeraria alongada, case rectangular, de 2,60 m de longo por 1,50 m de alto e un largo descoñecido, xa que máis da metade segue sepultada baixo a terra. Está formada por tres lousas de granito no seu lado visible e unha cuarta á dereita, que fai de cabeceira. Vese tamén unha quinta lousa á esquerda, seguramente a que serviu para pechar o monumento posto que se sitúa ao SE, o punto onde adoita estar a porta deste tipo de tumbas. Conserva tamén a cuberta, aparentemente caída no interior do dolmen e rota cando menos en dous anacos por mor do peso da area da duna que ten enriba.

Á dereita deste dolmen pódese ver unha sección da mámoa que o rodea, feita con terra negra e recuberta dunha coiraza de pedras de granito. Non semella ser maior de 10 m de diámetro, por 1,20 m de alto, polo que as lousas da cámara aflorarían por fóra dela en altura. En setembro de 2011 o Servizo Provincial de Costas de Pontevedra do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente construíu un muro de contención para protexer o monumento da acción do mar.

Mámoa 5

get-badge-orgFacebookgoogle+

Unha reflexión sobre “Mámoa 4

  1. Pingback: VISITA AO ILLOTE AREOSO (II) | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s