A ocupación da Idade do Bronce

Pero o espazo que hoxe é o illote do Areoso non se usou na prehistoria unicamente como lugar funerario. Diferentes grupos humanos frecuentárono, cando menos, desde o Neolítico Final ata momentos avanzados da Idade do Bronce. En todas as praias da zona sur aparecen abundantes restos arqueolóxicos esparexidos pola superficie, postos ao descuberto pola acción das mareas. Son fundamentalmente fragmentos de recipientes de cerámica, pero tamén ósos de animais e cunchas, é dicir, restos de comida.

Paleosolo

Restos do solo antigo enterrado baixo a duna, no que se atopa o material arqueolóxico

Ademais, J. M. Rey constatou na súa escavación que sobre a mámoa 2, unha vez abandonada e logo de que estivese xa parcialmente oculta pola area de praia, se instalou un asentamento datado entre o 2225 e o 1950 a. C. Nel recolleu abundantes recipientes cerámicos, entre eles algúns do tipo campaniforme, que varían en forma, calidade e capacidade con respecto aos da fase anterior. Varios cacharros teñen restos de feluxe e queimado na súa superficie, proba de que se puxeron ao lume, polo que seguramente estamos ante un poboado ou campamento episódico. Tamén apareceron dous punzóns metálicos, en bronce, un punzón de óso e instrumentos feitos en pedra pulimentada e tallada.

Material_Bronce_Inicial

Cerámicas da Idade do Bronce (Rey & Vilaseco 2012)

Pero o máis interesante da escavación foi que se recuperaron abundantes refugallos de comida, ósos e cunchas, que non é habitual conservar en Galicia para épocas tan antigas pola acidez do solo, pero que o medio mariño de Guidoiro Areoso axudou a preservar. Aquelas xentes comían gando vacún, ovellas/cabras (os seus ósos son case imposibles de distinguir) e porcos. En canto aos mariscos, as especies consumidas eran a ostra, o mexillón e a lapa, que seguramente recollían nos areais e rochedos próximos.

Ademais, durante a Idade do Bronce tamén parece que se realizaron enterramentos no illote. Á parte de que algunha das mámoas podía seguir en uso, localizáronse dúas pequenas cistas, caixas feitas con lousas de pedra que son utilizadas como sartego. Orixinalmente estarían sepultadas baixo o terreo, como as tumbas dos camposantos das igrexas.

A erosión

get-badge-orgFacebookgoogle+

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s