Descuberta pola erosión dos últimos anos, en 2014 xa se aprecian cinco lousas de granito cravadas na area formando unha estrutura aproximadamente circular de máis dun metro de diámetro. Trátase da cámara funeraria, ao leste da cal, onde a marea segue a erosionar a praia, unha serie de cantos indican a presenza da coiraza do túmulo que a rodea. Este pequeno dolmen está situado a carón da mámoa 2, a só 4,50 m do borde da escavación realizada nos anos 80 do século XX, pero non foi coñecido ata datas recentes, o que dá idea da cantidade de area que desapareceu nos últimos anos.
Pingback: VISITA AO ILLOTE AREOSO (II) | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo)