Guidoiro Dixital: Blog oficial da escavación da mámoa 4 do Areoso

Fantásticas noticias!

Xa o sabiamos desde hai uns días pero tiñámosvos unha pequena sorpresa para hoxe, día en que comeza a escavación arqueolóxica. Nas próximas semanas seremos un pouco menos “dixitais” para amosar un pouco de arqueoloxía real.

FotoDentro do programa de difusión que a empresa adxudicataria dos traballos, Tomos, SL, presentou para facerse co contrato, incorporou unha serie de accións nas redes sociais. Estas inclúen contas de Facebook, Instagram e Youtube, propias para a escavación, e un blog para difundir contidos máis en profundidade. E cando chegou o momento de comezar os traballos, propuxéronnos, no lugar de crear un blog específico, facer as diferentes entradas nesta páxina. Como comprenderedes, estivemos encantados, e en canto a Xunta de Galicia deu tamén a súa aprobación, puxémonos a preparalo todo. A partir de agora, e durante ós próximos dous meses, o equipo de difusión da empresa iranos contando os progresos na intervención arqueolóxica e que cousas van atopando. Todas as entradas irán marcadas na súa propia categoría “Mámoa 4”.

Non deixedes de seguirnos!

2 reflexións sobre “Guidoiro Dixital: Blog oficial da escavación da mámoa 4 do Areoso

Deixar un comentario