E se sae algún metal na escavación da mámoa 4?

Con esta pregunta imos inaugurar unha serie de post para presentar as diversas colaboracións de investigadores e especialistas coas que contamos nesta intervención, os cales uníronse a nós para procurar sacarlle máis partido ao xacemento e aos seus resultados.

Nestas dúas primeiras semanas xa pasaron polo Areoso gran parte dos especialistas e dos equipos de investigación que están a traballar con nós, pero tiñamos que empezar con alguén e … escollemos á nosa experta en metalurxia na prehistoria, Beatriz Comendador Rey.

Bea é arqueóloga e doutora en Xeografía e Historia e, dende o 2010, é profesora da Área de Prehistoria da Facultade de Historia da Universidade de Vigo e membro do Grupo de Estudos de Arqueoloxía , Antigüidade e Territorio (GEAAT). Destaca polas súas investigación de Arqueometalurxia e Prehistoria Recente, ademais de ser especialista en Arqueoloxía Experimental e en Arqueoloxía Pública e a Socialización do Patrimonio Cultural, unha experta en divulgación na que é un fito o seu blog Pasado Reciclado.

20280720_10210573153981961_6510376707027753235_o

Bea no Areoso en 1991

Pero tamén é arousana! E xa escavou aquí no Areoso nos anos 1989, 1990 e 1991, cando se fixeron as primeiras campañas arqueolóxicas dirixidas por J.M. Rey das que Bea era axudante de dirección. Estas campañas comezaron a sacar á luz toda a riqueza arqueolóxica dos Guidoiros, como xa sabedes polo que contamos aquí sobre a Mámoa 2, a Mámoa 1 ou na ocupación da idade do bronce e que tamén podedes ver nas publicacións aquí enlazadas… E resulta que nestas intervencións, fai xa máis de 25 anos, apareceron dous punzóns de bronce, e un deles o localizou ela mesma.

Comendador-punzons

Detalle da tese de Bea Comendador onde fala dos punzóns do Guidoiro

Quizais aquí Bea comezou a súa paixón por estes singulares obxectos da Prehistoria galega, porque acabou facendo a súa tese doutoral que titulou Los inicios de la metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica e na que incluíu estes punzóns do Areoso, nos que, aínda despois, seguiu traballando e analizando, como podedes atopar en varias referencias das súas publicacións.

Neste tipo de obxectos, moitas veces atopados de xeito fortuíto, sen moita idea de onde apareceu ou con referencias pouco exactas, ter o contexto de orixe apórtalle gran valor ao mesmo. Nesta intervención, se somos afortunados, temos a posibilidade de atopar algún resto metálico ou das ferramentas e equipos necesarios para fabricalos, ou restos do proceso de traballo. Esa posibilidade está, ademais, alimentada porque nos últimos anos xa se localizou nas praias do Areoso un molde dunha machada de bronce no que Bea, xunto con outros investigadores, están traballando e analizando, e que recentemente teñen presentado nun congreso en Portugal.

Comendador-molde

¿Teremos oportunidade nesta intervención de atopar algún resto relacionado con actividades metalúrxicas? ¿Quizais algún outro punzón ou machada de bronce? ¿Atoparemos aquí algunha das outras dúas pezas deste molde que apareceu na praia? E se atopamos algo, ¿en que momento da vida da mámoa 4 estará? ¿Será un contexto similar ao xa escavado no 1991? ¿Unha ocupación da Idade do Bronce asociada a un cuncheiro? E xa sabedes que temos por diante a delicada escavación disto mesmo, como xa falamos nun post anterior PERO… QUE VÉN SENDO UN CUNCHEIRO?

Se aparece, contamos con Bea, quen, xunto con Elin Figueiredo do Cenimat da Universidade Nova de Lisboa, traballarán con este tipo de restos arqueolóxicos, o que nos permite asegurar o seu adecuado rexistro e sobre todo, o seu análise e estudo futuro dentro das súas apaixonantes investigacións. Moitas grazas!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s